Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 5 de setembro de 2013 Páx. 35404

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2013 pola que se fai pública a formalización dun contrato de obras non suxeito a regulación harmonizada.

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de obras:

* Acondicionamento de peirao do porto de Tragove (Cambados) (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Clave do expediente: PO-13-07-12-01.

e) Enderezo da internet do perfil de contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18051

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: administrativo de obra.

b) Descrición do obxecto: acondicionamento de peirao no porto de Tragove (Cambados) (Pontevedra).

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, número 194.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 10 de outubro de 2012.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, sistema multicriterio.

4. Valor estimado do contrato:

325.342,67 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 271.118,89 euros. Importe total: 328.053,86 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 7 de xullo de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 26 de xullo de 2013.

c) Contratista: Construcciones López Cao, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 236.500,00 euros. Importe total: 286.165,00 euros.

f) Tipo de oferta adxudicataria: solución base.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2013

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia