Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 5 de setembro de 2013 Páx. 35414

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO do convenio de execución do planeamento do proxecto sectorial do parque empresarial.

Con data do 26 de agosto foi negociado e subscrito o texto inicial do convenio urbanístico para a execución do planeamento do proxecto sectorial do parque empresarial de Xinzo de Limia por Antonio Pérez Rodríguez, alcalde-presidente do Concello de Xinzo de Limia, e Hentschel, presidente de Xestión Urbanística de Ourense, S.A., facultado por acordo do Consello de Administración de Xestur Ourense do 5.2.2013.

Por providencia da Alcaldía do 19.8.2013, de conformidade co disposto no artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública durante o prazo de 20 días, contados desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo, o texto inicial do convenio urbanístico poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais (Departamento de Urbanismo), en horario de atención ao público, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Xinzo de Limia, 26 de agosto de 2013

Antonio Pérez Rodríguez
Alcalde