Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 4 de setembro de 2013 Páx. 35188

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza a transmisión inter vivos do permiso de actividade dun criadeiro titularidade de Alrogal, S.A.U.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión dun criadeiro e do permiso de actividade que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito do 19.6.2013, Luis Toro Pinilla, en representación de Alrogal, S.A.U., solicitou autorización para transmisión dun criadeiro do que é titular, situado no polígono industrial de Cuíña, parcela nº 62, en Cervo (Lugo).

Segundo. O interesado presentou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. No expediente constan os seguintes informes favorables referidos ao resultado da información oficial:

– Informe técnico biolóxico da Xefatura de Coordinación da Área do Mar de Lugo.

– Informe da Sección de Reclamacións e Sancións da dita xefatura de coordinación.

b) Consideraciones legais e técnicas.

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243, do 16 de decembro) e coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, que a modifica, e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre (DOG nº 110, do 9 de xuño).

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta xefatura de coordinación

RESOLVE:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Acuidoro, S.L., CIF: B15139785, do permiso de actividade do establecemento que se indica:

Identificación:

Tipo: criadeiro.

Nome: Alrogal, S.A.U.

Actividade: reprodución e inicio do ciclo vital.

Ubicación: polígono industrial de Cuíña, parcela nº 62, Cervo (Lugo).

Especies autorizadas: rodaballo (Scophthalmus maximus) e linguado (Solea solea e Solea senegalensis).

Título habilitante: permiso de actividade.

Resolución de outorgamento 28.11.2001.

Resolución de prórroga: 10.9.2012.

Vixencia: carácter indefinido.

Actual titular: Alrogal, S.A.U., CIF: A36883239.

Nova titular: Acuidoro, S.L., CIF: B15139785.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. A actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen presentar a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. A nova titular do permiso de actividade queda subrogada nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da notificación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Viveiro, 8 de agosto de 2013

O xefe territorial (P.D. do 20.1.2012)
P.D. de sinatura (Resolución do 12.4.2012)
María Nazaret Díaz Rifón
Xefa do Servizo de Recursos Mariños