Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 4 de setembro de 2013 Páx. 35191

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de vixilancia e control dos edificios e invernadoiros do Centro de Investigación Forestal de Lourizán (expediente 24/2013).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de vixilancia e control dos edificios e invernadoiros do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, da Consellería do Medio Rural e do Mar.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19032

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 111, do 12 de xuño de 2013.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 109.917,35 €; IVE (21 %): 23.082,64 €; Importe total: 132.999,99 €.

Valor estimado: 219.834,70 € (tendo en conta a posibilidade de prórroga por dous anos máis).

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de adxudicación: 31 de xullo de 2013.

b) Adxudicataria: Vigilancia Integrada, S.A.

c) Importe: 107.236,90 € (sen IVE).

IVE (21 %): 22.519,75 €.

Importe total: 129.756,65 €

d) Data de formalización do contrato: 14 de agosto de 2013.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi a única oferta que se presentou á licitación e que cumpre cos requisitos establecidos nos pregos.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar