Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 4 de setembro de 2013 Páx. 35193

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 20 de agosto do 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se inicia a apertura do período da vista pública do expediente de primeiro treito do deslindamento (deslindamento parcial, actuación 2013) dos montes da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Atios, O Porriño.

Concluída a fase de apeo correspondente ao expediente primeiro treito do deslindamento (deslindamento parcial, actuación 2013) dos montes da comunidade de montes veciñais en man común de Atios, concello do Porriño, en cumprimento do establecido polo artigo 49 da Lei 7/2012, do 20 de xuño, de montes de Galicia, ábrese prazo de vista do citado expediente nas oficinas do Servizo de Montes, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería do Medio Rural e do Mar, da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo, rúa Fernández Ladreda, 43, Pontevedra, durante 21 días naturais, a partir do seguinte á publicación do presente no Diario Oficial de Galicia, co fin de que poida ser examinado, todos os días hábiles das 10.00 ás 13.00 horas. Durante o mesmo prazo, xa especificado, poden presentarse alegacións referentes a este expediente e á práctica do apeo.

Pontevedra, 20 de agosto de 2013

Miguel Ángel Pérez Dubois
Xefe territorial de Pontevedra