Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 3 de setembro de 2013 Páx. 35048

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 14 de agosto de 2013, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador número OU-S-10/2013 por infracción leve en materia de turismo.

Por esta cédula, e de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que no anexo se relaciona a resolución do expediente sancionador OU-S-10/2013, da xefa da Área Provincial de Turismo de Ourense, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

O interesado poderá recoller a resolución mediante comparecencia nas dependencias da Área Provincial de Turismo; rúa Curros Enríquez, 1-3º andar, de Ourense.

Contra a dita resolución, que non esgota a vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de alzada, perante a directora da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto no artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Todo iso, sen prexuízo de que o interesado poida interpoñer calquera outro que xulgue oportuno.

De non presentar recurso no dito prazo, a sanción devirá firme e deberá aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes seguinte ou hábil inmediatamente posterior, por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias do Servizo de Turismo de Ourense. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía constriximento, segundo o disposto na Orde do 23 de novembro de 2001 pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria e executiva das multas e sancións, da Consellería de Facenda (DOG nº 235, do 5 de decembro).

Ourense, 14 de agosto de 2013

Manuela Penín López
Xefa da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-S-10/2013.

Titular sancionado: Manuel Augusto Claidez Rosario.

Establecemento: Sótano.

Domicilio: Brasil, 1.

Localidade: O Carballiño.

Resolución: 6 de agosto de 2013.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sanción: douscentos (200,00) euros.