Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 3 de setembro de 2013 Páx. 35047

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 20 de agosto de 2013 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario número 125/2013, no expediente de sancionador 107C 2011/033-0, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 da Coruña, en relación co procedemento ordinario núm. 125/2013, interposto por Euromontaxe Profesional, S.L. e María Carmen Martínez Corral, contra a resolución ditada pola Axencia de Protección da Legalidade no expediente sancionador número 107C 2011/033-0, pola que se acorda impoñer unha sanción por infracción urbanística moi grave, en calidade de promotora das obras e propietaria dos terreos, no lugar do Coto, parroquia de Pastoriza, concello de Arteixo, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 da Coruña.

Polo exposto, mediante esta resolución, emprázase a Coslaco, S.L. para que poida comparecer como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2013

P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
José Mª Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística