Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 30 de agosto de 2013 Páx. 34649

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira

EDICTO (540 e 666/2009).

De conformidade co disposto no artigo 497 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil (BOE do 8 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, a resolución ditada no procedemento números 540/2009 e 666/2009 no que figura como demandante Francisco Ouviña Rivadulla sendo demandados Eugenia, Manuel, Francisco, Antonio, Carmen, Josefa, María e Juana González González e outros, sobre liquidación de sociedade de gananciais dos causantes José González Lampón e Margatita González García e solicitude de división xudicial da herdanza da falecida Juana González González no que a parte demandante litiga co beneficio de xustiza gratuíta que se lle concedeu en expediente 044452/2008.

Os interesados dispoñen dun prazo de vinte días, contado a partir do día seguinte á publicación deste edicto, para interpoñer, dentro do prazo que, en cada caso, se estableza, o correspondente recurso de apelación.

O procedemento relacionado a continuación encóntrase á disposición do interesado no Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ribeira con domicilio na rúa Barbanza, esquina Mariño de Rivera, s/n, Ribeira (15960), A Coruña.

Nº de procedemento 540 e 666/2009.

Demandante: Francisco Ouviña Rivadulla.

Demandados: herdeiros descoñecidos e incertos de José González González, o cal tivo o seu domicilio en Porto de Santa María.

Sentenza.

Ribeira, 5 de xullo de 2013

Vistos por min, Mª de las Nieves Corral Montes, xuíza do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 1 de Ribeira e o seu partido xudicial no que foi parte demandante Dolores Rivadulla Vázquez, representada polo procurador Sr. Martínez Rodríguez e asistido polo letrado Manuel Dios e Francisco Javier Ouviña Rivadulla, representado pola procuradora Mercedes Treus e asistida pola letrada Manuela Sobrido e partes demandadas Francisco González González, en representación da súa nai María González González, representadas pola procuradora Tamara Paisal e asistidas polo letrado Sr. Prego Paz, Francisca Ouviña González, Eugenio González González, Francisco González González, Víctor Manuel Ouviña Rivadulla

Decido que desestimando as peticións recollidas na acta de 20.7.2012 presentadas por Francisco Ouviña Rivadulla, Dolores Rivadulla Vázquez e Víctor Manuel Ouviña Rivadulla e estimando parcialmente as peticións Francisco González González en representación de María González González, debo declarar e declaro que:

Non procede a inclusión, como débeda da sociedade fronte aos herdeiros de Ramón Ouviña González, dos alugueiros demandados.

Non procede incluír no pasivo da sociedade o importe actualizado das obras efectuadas polo matrimonio de Dolores e Ramón e o importe dos tributos locais.

Non procede declarar a nulidade dos contratos de compravenda asinados por María González González e os seus irmáns nin particularmente o celebrado entre María e a súa irmá Juana.

Procede considerar como activo da sociedade de gananciais formado polos cónxuxes falecidos José González Lampón e Margarita González García a novena parte da casa sita no lugar de Baltar, pero non sendo os herdeiros de Juana González González os que teñan dereito ningún sobre a devandita parte, por vender esta a súa parte.

En materia de custas deberán ser aboadas pola parte cuxas pretensións tivesen sido totalmente desestimadas.

Esta resolución non é firme e contra esta cabe recurso de apelación no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Santa Uxía de Ribeira, 30 de xullo de 2013

María Violeta Reboredo Otero
Secretaria xudicial