Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 30 de agosto de 2013 Páx. 34648

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Cuarta)

CÉDULA de citación (expediente disciplinario 8/13).

Por telo así acordado o día da data en acordo ditado no expediente disciplinario 8/13 incoado por Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, do 17 de xuño de 2013, por posible comisión dunha falta moi grave tipificada no artigo 7.c) do Regulamento xeral de réxime disciplinario do persoal ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 796/2005, do 1 de xullo.

Cítase o funcionario expedientado, Saturnino Segade Costoya, co fin de recibirlle declaración sobre os feitos obxecto de expediente. Para este efecto sinálanse:

Día e hora: 3 de setembro de 2013, ás 10.00 horas.

Lugar: na Secretaría da Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra, sita en Pontevedra na rúa Rosalía de Castro, nº 5. Pazo de Xustiza.

Signifícaselle que poderá actuar asistido de avogado.

E para que así conste e lle sirva de cédula de notificación ao funcionario Saturnino Segade Costoya, expido, asino e selo esta cédula.

Pontevedra, 13 de agosto de 2013

A secretaria