Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 29 de agosto de 2013 Páx. 34545

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 8 de agosto de 2013, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se notifica o inicio do procedemento de reintegro da subvención concedida no expediente TR352A 2009/430-0.

Intentada a notificación personal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de noviembre, modificada pola Lei 4/1999, por esta cédula notificáselle a entidade relacionada no anexo o inicio do procedemento de reintegro da subvención concedida mediante Resolución do director xeral de Promoción do Emprego do 21 de agosto de 2009.

Faise saber que o interesado disporá dun prazo de 15 días para que alegue ou presente os documentos que xulgue pertinentes, de acordo co disposto no artigo 77 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2013

Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación

ANEXO

Entidade: Fundación Preescolar na Casa.

Enderezo: Garaballa de Arriba, 9, 27003 Lugo.

Nº de expediente: TR352A 2009/430-0.

Data do inicio do procedemento de reintegro: 8 de maio de 2013.

Preceptos incumpridos: artigo 7.2.a) da Orde do 29 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2008, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración coas entidades locais e cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro, e se procede á súa convocatoria; artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade que hai que reintegrar: 6.304,18 €.