Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 29 de agosto de 2013 Páx. 34546

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 8 de agosto de 2013, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se notifica a resolución do procedemento de reintegro de subvención concedida no expediente TR352A 2009/428-0.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, por esta cédula notifícaselle á entidade relacionada no anexo resolución do procedemento de reintegro de subvención concedida mediante Resolución do director xeral de Promoción do Emprego do 21 de setembro de 2009.

Faise saber que esta resolución pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución, ante a Dirección Xeral de Emprego e Formación, de acordo co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2013

Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación

ANEXO

Entidade: Asociación de Excavadores de Galicia.

Enderezo: rúa Cidade do Transporte, bl. 1, 15890 Santiago de Compostela (A Coruña).

Nº de expediente: TR352A 2009/428-0.

Data da resolución do procedemento de reintegro: 29 de maio de 2013.

Preceptos incumpridos: artigo 7.2.a) da Orde do 29 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2009, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración coas entidades locais e cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro, e se procede á súa convocatoria; artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade que hai que reintegrar: 0,00 €.