Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 29 de agosto de 2013 Páx. 34548

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato dos servizos necesarios para a realización de obradoiros itinerantes para o fomento do consumo de conservas de produtos mariños, actuación cofinanciada polo Fondo Europeo de Pesca, nun 75 %, no eixe 3, medida 4 (expediente 16/2013).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo, de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizos necesarios para a realización de obradoiros itinerantes para o fomento do consumo de conservas de produtos mariños.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18744

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 97, do 23 de maio de 2013.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito á regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 170.000 €, IVE (21 %): 35.700 €. Importe total: 205.700 €.

Valor estimado sen IVE: 170.000 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución da adxudicación: 23 de xullo de 2013.

b) Adxudicataria: Fundación de Estudios e Análises-Fesan.

c) Importe: 162.235,59 € (IVE incluído 21 %).

d) Data de formalización do contrato: 29 de xullo de 2013.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta máis vantaxosa para a Administración (ao ter a oferta técnica mellor valorada e obter a maior puntuación no procedemento).

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar