Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, por esta cédula notifícaselle á entidade relacionada no anexo o inicio do procedemento de reintegro de subvención concedida mediante Resolución do director xeral de Promoción do Emprego do 21 de setembro de 2009.
Faise saber que o interesado disporá dun prazo de 15 días para que alegue ou presente os documentos que xulgue pertinentes, de acordo co disposto no artigo 77 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2013
Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación
ANEXO
Entidade: Asociación Intersectorial Autónomos e Pequenas Empresas.
Enderezo: Ezequiel Missoni, 25, 1º, 3900 Marín (Pontevedra).
Nº de expediente: TR352A 2009/756-0.
Data do acordo de inicio do procedemento de reintegro: 20 de xuño de 2013.
Preceptos incumpridos: artigo 7.2.a) da Orde do 29 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2009, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración coas entidades locais e cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro, e se procede á súa convocatoria; artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Cantidade que hai que reintegrar: 6.259,66 €.