Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 28 de agosto de 2013 Páx. 34462

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica nos concellos de Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira (expediente IN407A 527/2006).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: anexo I variante de liña MT afectadas por desdobramento da autovía do Barbanza (expediente 527/2006).

Situación: concellos de Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.

Características técnicas:

Variante liña de media tensión aérea Padrón-Alto do Bexo e derivada Lestrobe, Revixos e Bexo (expediente 51.879) (Tramo 1), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,429 km, coa orixe en torre metálica existente da LMT PAD-809 Dodro-Taragoña que se vai recuar, derivación del DC a Lestrobe, Bexo e Revixos, condutor tipo LA-110, e final na mesma liña apoio existente posterior a derivación a CT depuradora de augas.

Variante liña de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 1,180 km, coa orixe en torre metálica nova da LMT PAD-809 Dodro-Taragoña, onde se realiza a derivada ao CT depuradora augas Padrón, condutor tipo RHZ1, e final en torre metálica nova LMT PAD-809 Dodro-Taragoña.

Variante liña de media tensión aérea Padrón-Alto do Bexo e derivada Lestrobe, Revixos e Bexo (expediente 51.879) (tramo 2), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,092 km, coa orixe en torre metálica nova da LMT PAD-809 Dodro-Taragoña, condutor tipo LA-110 (existente en obra), e final na mesma liña apoio existente.

Variante liña de media tensión aérea Alto do Bexo-derivación A Vacariza (expediente 50.729), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,102 km, coa orixe en apoio existente de formigón da LMT PAD-809 Dodro-Taragoña ao CT A Vacariza, condutor tipo LA-30, e final en apoio novo de chapa metálica da mesma liña.

Variante liña de media tensión soterrada Isorna-Leiro e derivadas (expediente 155/02), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,070 km, coa orixe na mesma liña en punto de acceso a rede existente, condutor tipo RHZ1, e final na mesma liña en punto de acceso a rede existente.

Variante liña de media tensión aérea Vilariño-Rianxo (expediente 50.699), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,315 km, coa orixe en torre metálica existente nº 54 da LMT BOI-808 Rianxo, condutor tipo LA-110 proxectado (130 m) e existente en obra (185 metros), e final en torre metálica existente nº 58 da LMT BOI-808 Rianxo.

Variante liña de media tensión aérea Boiro-Boiro (expediente 52.573), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,276 km, coa orixe en apoio de formigón existente nº 7 da LMT BOI-803 Boiro, condutor tipo LA-110 proxectado (117 m) e existente en obra (159 m) e final en apoio de formigón existente nº 10 da LMT BOI-803 Boiro.

Variante liña de media tensión aérea Boiro-derivación a CT Espiñeira (expediente 52.573), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,131 km, coa orixe en torre metálica proxectada nº 8 da LMT BOI-803 Boiro, condutor tipo LA-56 proxectado (111 m) e LAC-28 existente en obra (20 metros), e final no CT Espiñeira.

Variante liña de media tensión aérea Lampón-A Pobra do Caramiñal (expediente 31.916), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,053 km, coa orixe en torre metálica existente nº 46/11/8 da LMT BOI-804 Montaña-A Pobra do Caramiñal, condutor tipo LA-56, e final en torre metálica existente nº 46/11/9 da mesma liña.

Variante liña de media tensión soterrada Lampón-A Pobra do Caramiñal (expediente 31.916), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,070 km, coa orixe en torre metálica existente nº 46/11/7 da LMT BOI-804 Montaña-A Pobra do Caramiñal, condutor tipo RHZ1, e final en torre metálica existente nº 46/11/8 da LMT BOI-804 Montaña-A Pobra do Caramiñal.

Variante liña de media tensión aérea Boiro-Montaña (expediente 50.197), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,240 km, coa orixe en torre metálica existente nº 46/3 da LMT BOI-804 Montaña-A Pobra do Caramiñal, condutor tipo LA-110 proxectado (99 m) e existente en obra (141 m), e final en torre metálica existente nº 46/6 da LMT BOI-804 Montaña-A Pobra do Caramiñal.

Variante liña de media tensión aérea a CT Lampón (expediente 51.556), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,041 km, coa orixe en apoio de formigón existente nº 46/22 da LMT BOI-804 Montaña-A Pobra do Caramiñal, condutor tipo LA-30, e final en torre metálica existente nº 46/23 da mesma liña.

Variante liña de media tensión soterrada a novo CT Lampón a 20 kV, cunha lonxitude de 0,035 km, coa orixe en torre metálica existente nº 46/23 da LMT BOI-804 Montaña-A Pobra do Caramiñal, condutor tipo RHZ1, e final no novo CT Lampón proxectado.

Novo centro de transformación prefabricado Lampón, cunha potencia de 100 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Variante liña de media tensión aérea A Ribeiriña-Os Casás-Posmarcos (expediente 31.916), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,183 km, coa orixe en apoio de formigón existente nº 55/7 da LMT BOI-804 Montaña-A Pobra do Caramiñal, condutor tipo LA-110 proxectado (88 m) e LA-30 existente en obra (95 m), e final en apoio de formigón existente nº 55/10 da LMT BOI-804 Montaña-A Pobra do Caramiñal.

Variante liña de media tensión aérea DC Palmeira-Sirves-Tomada (expediente 404/03), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,561 km, con orixe en apoio de formigón existente nº 12 da LMT DC PMR-806 Couso e 814 Corrubedo, condutor tipo 2 LA-110 proxectado (2×178 m) e existente en obra (2×383 m), e final en apoio de formigón existente nº 12 da LMT DC PMR-806 Couso e 814 Corrubedo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o anexo 1 do proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 31 de xullo de 2013

P.A. (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG nº 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial