Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 28 de agosto de 2013 Páx. 34466

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica LMT e CT subministración de obra en boca do túnel AVE O Corgo, no concello de Laza (expediente IN407A 2013/24-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Corsan Corvian Construcciones, S.A.

Domicilio social: rúa Campo del Sacramento, 55, 32702 Vilar de Barrio.

Denominación: LMT e CT subministración de obra en boca do túnel AVE O Corgo.

Situación: Laza.

Características técnicas: LMT aerosubterránea a 20 kV de 16 m en aéreo con condutor LA 56 e 350 m en subterráneo con condutor RHZ1 OL, con orixe no apoio nº 141-129 da LMT existente VER-811 e remate no CT proxectado en caseta de formigón. CT que consta de dous trafos, un de 400 kVA R/T 20.000/400 V e outro de 1.000 kVA e R/T 20.000/5.000 V. Orzamento: 12.276,75 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 6 de agosto de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense