Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 27 de agosto de 2013 Páx. 34417

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO polo que se somete a información pública a solicitude de licenza para ampliación de corte de vacún leiteiro na Paderna, parroquia de Labrada (expediente 3060/2013).

Paderna, S.C., representada por José Ramiro Morado Loureiro, solicitou licenza municipal sometida a avaliación de incidencia ambiental, de conformidade co Decreto 133/2008, do 12 de xuño.

A actividade para a cal solicita licenza identifícase co rexistro de entrada nº 3060/2013, para derribo e ampliación de corte de vacún leiteiro, fosa de xurro, almacén e piso de formigón, segundo proxecto técnico asinado pola enxeñeira técnica agrícola, Isabel Arza Río, no lugar da Paderna, parroquia de Labrada, concello de Guitiriz.

De acordo co disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este –que comenzará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na secretaría xeral, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretendan instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

O prazo de exposición pública computarase desde a última das publicacións oficiais sinaladas.

Guitiriz, 16 de agosto de 2013

Xosé María Teixido Núñez
Alcalde