Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 27 de agosto de 2013 Páx. 34416

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Curtis

ANUNCIO de información pública sobre planta de licuefacción de CO2 no polígono industrial de Teixeiro.

Praxair España, S.L.U. solicitou licenza de obras e actividade para unha planta de licuefacción de CO2 na rúa Sidegasa, parcela L-6 do polígono industrial de Teixeiro-Curtis.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese este expediente ao trámite de información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este prazo (que se contará desde o día seguinte ao da última inserción deste anuncio no BOP ou no DOG) as persoas que se consideren afectadas dalgún xeito pola actividade que se pretende realizar poidan examinar o expediente e formular as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Teixeiro, 5 de agosto de 2013

Javier Francisco Caínzos Vázquez
Alcalde