Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 27 de agosto de 2013 Páx. 34415

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bueu

ANUNCIO de información pública sobre supermercado en P. Fontenla.

Vego Supermercado, S.A., solicitou ante esta alcaldía a cualificación ambiental da actividade, e acordo co sinalado polo Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental (DOG nº 126, do 1 de xullo), de supermercado en P. Fontenla, número 68.

De acordo co sinalado no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de anuncios do concello, co fin de que nese tempo –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación– poidan examinar o expediente, no concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións oportunas.

Bueu, 27 de maio de 2013

Félix Juncal Novas
Alcalde