Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 27 de agosto de 2013 Páx. 34411

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto, para a contratación do servizo de transporte e distribución de diverso material aos centros dependentes desta xerencia.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (Unidade de Contratación).

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol. Servizo de Subministracións.

2. Domicilio: avenida da Residencia, s/n.

3. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

4. Teléfono: 981 33 67 62 e 981 33 45 14.

5. Telefax: 981 33 45 51.

6. Correo electrónico: contratación.subministracións.asf@sergas.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8. Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día de presentación de ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: AB-ASF1-13-009.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: transporte e distribución de diverso material.

c) División por lotes e número de lotes (número de unidades): lote único.

d) Lugar de execución/entrega: véxanse os pregos.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 60100000-9.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

– Calidade do servizo: ata 50 puntos.

– Oferta económica: ata 40 puntos.

– Achega de mellora adicional: ata 5 puntos.

– Porcentaxe que supón a repartición de material de subministracións sobre o importe total do contrato: ata 5 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 286.000 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 110.000 €.

b) IVE: 23.100 €.

c) Importe total: 133.100 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos del contratista:

a) Clasificación, de ser o caso: grupo R, subgrupo 1, categoría a.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse os pregos.

c) Otros requisitos específicos: véxanse os pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 27 de setembro de 2013.

b) Modalidade de presentación: véxanse os pregos.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

2. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) A data, a hora e o lugar de celebración das mesas de apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (de ser o caso): 6 de agosto de 2013.

12. Outras informacións:

Ferrol, 30 de xullo de 2013

P.D. (Orde do 5.7.2012; DOG nº 139, do 20 de xullo)
Ángel Facio Villanueva
Xerente da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol