Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 27 de agosto de 2013 Páx. 34418

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO polo que se somete a información pública a solicitude de licenza de ampliación de corte de vacún leiteiro (expediente 2561/2013).

José Luis López Morandeira solicitou licenza municipal de actividade sometida a avaliación de incidencia ambiental, de conformidade co Decreto 133/2008, do 12 de xuño.

A actividade para a cal solicita licenza identifícase co rexistro de entrada nº 2561/2013, para proxecto de ampliación de corte de vacún leiteiro, segundo proxecto asinado pola enxeñeira técnica agrícola, Isabel Arza Río, na parroquia de Parga, polígono 243, parcela 12, do concello de Guitiriz.

De acordo co disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este -que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia- poidan examinar o expediente, na secretaría xeral, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretendan instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

O prazo de exposición pública computarase desde a última das publicacións oficiais sinaladas.

Guitiriz, 20 de agosto de 2013

Xosé María Teixido Núñez
Alcalde