Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 27 de agosto de 2013 Páx. 34419

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO polo que se somete a información pública a solicitude de licenza para ampliación de explotación de vacún leiteiro (expediente 2872/2013).

Ameneiral, S.C., solicitou licenza municipal de actividade sometida a avaliación de incidencia ambiental, de conformidade co Decreto 133/2008, do 12 de xuño.

A actividade para a cal solicita licenza identifícase co rexistro de entrada nº 2872/2013, para proxecto para ampliación de explotación de vacún leiteiro, segundo proxecto asinado polo enxeñeiro técnico agrícola, Jacobo Pazos García, na parroquia do Buriz, polígono 57, parcelas 1, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 12 e 13 do concello de Guitiriz.

De acordo co disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na secretaría xeral, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretendan instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

O prazo de exposición pública computarase desde a última das publicacións oficiais sinaladas.

Guitiriz, 20 de agosto de 2013

Xosé María Teixido Núñez
Alcalde