Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 23 de agosto de 2013 Páx. 34045

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Cañiza

ANUNCIO de información pública sobre apertura e funcionamento de adega elaboradora e embotelladora de viño no Torgo (Parada das Achas).

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente que se tramita por instancia de Magdalena María Paramés Gil, con NIF número 76911499M, para a concesión de licenza de apertura e funcionamento de adega elaboradora e embotelladora de viño, que se emprazará no lugar do Torgo, parroquia de Parada das Achas deste termo municipal. Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia, o expediente atópase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que considere oportunas.

A Cañiza, 30 de xullo de 2013

Miguel A. Domínguez Alfonso
Alcalde