Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 23 de agosto de 2013 Páx. 34043

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2013 pola que se anuncia a formalización da contratación da subministración de cableado estruturado.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, CIXTEC.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do CIXTEC.

c) Número de expediente: 2013-010.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición do obxecto: subministración de cableado estruturado.

c) CPV: 72212000-4.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 28.5.2013.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 132.000,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 132.000,00 euros. Importe total: 159.720,00 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 29.7.2013.

b) Data de formalización do contrato: 1.8.2013.

c) Contratista: Electrónica Noroeste Servicios Generales, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 106.920,00 euros. Importe total: 129.373,20 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2013

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable