Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 23 de agosto de 2013 Páx. 34046

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dumbría

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de explotación gandeira mediante a construción dun cebadeiro de xatos na Boudañeira (Olveira).

Raposo, S.C. solicita deste concello licenza para ampliación de explotación gandeira mediante a construción dun cebadeiro de xatos na Boudañeira (Olveira). En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, o expediente sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles, que comezará a contar desde a última inserción deste anuncio no BOP e no DOG, para que quen se vexa afectado dalgún modo pola actividade presente as alegacións ou reclamacións que considere pertinentes.

Dumbría, 14 de agosto de 2013

José Manuel Pequeño Castro
Alcalde