Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 22 de agosto de 2013 Páx. 33881

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (185/2012).

Número de autos: execución de títulos xudiciais 185/2012.

Demandantes: Sandra Villaverde de Francisco, María Monserrat López Botana, Pablo Antonio Céspedes García, Andrea Mariana López Lamas, María Carmen Fuentes González.

Graduado/a social: (…), (…), Matilde Mallo Nieves, (…) Óscar Rodríguez Mallo, Alberto Freijeiro Otero, Matilde Mallo Nieves, Ángeles Cancela Regueiro.

Demandada: Grace Antonia Nouel Brache.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 185/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra Villaverde de Francisco, María Monserrat López Botana, Pablo Antonio Céspedes García, Andrea Mariana López Lamas, María Carmen Fuentes González, Agustín Caamaño Abeijón, Laura Aparicio Choren, contra a empresa Grace Antonia Nouel Brache, sobre despedimento, se ditou en data 22 de xullo de 2013 decreto de embargo, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Para dar efectividade á orde xeral de execución, acordo o embargo dos seguintes bens:

– Devolucións tributarias que a AEAT teña pendentes de devolver á parte executada. Para tal efecto, realícese a petición de cargo por requirimento xudicial a través da conta de consignacións xudiciais, alzándose o embargo en data 26.4.2013 pola cantidade que se despachou a execución 223/2012, seguida por instancia de Sandra Villaverde de Francisco.

– Saldos das contas bancarias que segundo os datos existentes na aplicación informática posúa ao seu favor a entidade executada, en canto sexan suficientes para cubrir a suma das cantidades reclamadas, o que se levará a efecto a través do punto neutro xudicial.

Non se embarga o vehículo matrícula C-8729-BB, dado que ten unha antigüidade de 20 anos e continuar a vía de constrinximento sobre este, dado o seu escaso valor, resultaría antieconómico.

– Acórdase o embargo do 50 % do ben inmoble que a continuación se describe ata cubrir o importe da suma reclamada por principal, xuros e custas.

O ben é o seguinte: terreo número 2.227 inscrito no Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela.

Dado que o 50 % do terreo referido é titularidade de Beatriz Rodríguez Nouel, previamente a expedir mandamento ao Rexistro da Propiedade número 2 desta cidade, para anotar o embargo notifíquese este a Beatriz Rodríguez, para os efectos do artigo 144 do Regulamento hipotecario, para os efectos oportunos, e procédase a través da base de datos a que este xulgado ten acceso a investigar o seu domicilio.

Verificado o anterior, expídase mandamento coas indicacións da lexislación hipotecaria, por duplicado, coa seguinte finalidade:

a) Para que se faga a anotación preventiva do embargo no rexistro da propiedade, remitíndose o dito mandamento por (inserir medio polo cal se envía o mandamento, xa sexa por fax ou por calquera outro medio electrónico establecido no artigo 162 da LAC), no día de hoxe.

b) Así mesmo, para os efectos previstos no artigo 656 da LAC, para que remita certificación de titularidade do dominio e demais dereitos reais dos bens gravados, así como os dereitos de calquera natureza que existan sobre os bens embargados, en especial, relación completa das cargas inscritas que o graven ou, de ser o caso, que se encontra libre de cargas.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

– A conta de consignacións do órgano xudicial para os efectos de pagamento será a seguinte: conta número 5076 0000 64 0185 12, e deberase indicar no campo concepto de pagamento.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 186 da LPL. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 5076 aberta en Banesto, e deberá indicar no campo concepto a indicación recurso, seguida do código «31 Social-revisión». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «recurso», seguida do «código 31 Social-revisión». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

Advírteselle ao destinatario, que non reside no domicilio que consta nas investigacións practicadas, que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto.

E para que lle sirva de notificación para os efectos do artigo 144 do Regulamento hipotecario a Beatriz Rodríguez Nouel, expido e asino o presente.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2013

A secretaria xudicial