Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 22 de agosto de 2013 Páx. 33880

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (235/2010).

Eu, Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por providencia ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Miguel Ángel Vera Abal contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, e contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, en reclamación por seguridade social, rexistrado co número 235/2010, se acordou citar a Miguel Ángel Vera Abal, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 5 de novembro de 2013, ás 11.00 horas, para a realización do acto de xuízo.

Terá lugar na sala de vistas deste xulgado do social número 1, sito na rúa Berlín, s/n,
CP 15707, planta baixa, sala 1. Deberá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou de se tratar de emprazamento.

E para que lle sirva de citación a Miguel Ángel Vera Abal, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2013

A secretaria xudicial