Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 22 de agosto de 2013 Páx. 33884

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (103/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 103/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Digna María Castiñeira Rama contra a empresa Mercado Tropical, S.L., sobre despedimento, ditouse auto o 26.7.2013, cuxo ditame é do teor literal seguinte:

O ditame do auto:

«Ditame.

Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía a Digna María Castiñeira Rama coa empresa Mercado Tropical, S.L. e condeno a devandita empresa a aboar á demandante 1.602,90 euros en concepto de indemnización e 11.970,54 euros en concepto de salarios de tramitación.

No caso de non se proceder ao cumprimento da presente resolución, continúe a presente execución como monetaria polo importe total de 13.573,44 euros, máis 1.357,34 euros que se orzan para intereses e custas da execución, sen prexuízo da súa ulterior liquidación.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Fogasa, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Mercado Tropical, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2013

La secretaria xudicial