Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 21 de agosto de 2013 Páx. 33753

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pereiro de Aguiar

CORRECCIÓN de erros. Anuncio polo que se publica a convocatoria de prazas da oferta ordinaria de emprego público do ano 2010.

Advertido un erro no anuncio publicado no BOP de Ourense do 5 de agosto de 2013 –con corrección de erros no BOP do 8 de agosto de 2013 e no BOP do 19 e do 21 de agosto de 2013–, no cal se publican íntegras as bases para cubrir as prazas da oferta ordinaria de emprego público do ano 2010 e, como consecuencia, advertido erro igualmente no anuncio da convocatoria publicado no Diario Oficial de Galicia número 151, do 8 de agosto de 2013, faise constar o seguinte:

Na páxina 32162, onde di:

«(...)

B) Cadro laboral:

Inclúense as seguintes prazas de persoal laboral fixo:

– Unha (1) praza de encargado de obras e servizos municipais, asimilada ao subgrupo C2. Concurso-oposición libre. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente.

(…)

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello durante o prazo dos 20 días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, en modelo oficial que se facilitará nas oficinas do Concello e na páxina web. Así mesmo, poderán presentarse na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/1992.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente no taboleiro de edictos, en todo caso, na páxina web www.concellopereiro.com e no BOP de Ourense cando proceda de conformidade coas bases das probas selectivas.

Publícase isto de conformidade co disposto no artigo 233.3 da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia».

Debe dicir:

«(...)

B) Cadro laboral:

Inclúense as seguintes prazas de persoal laboral fixo:

– Unha (1) praza de encargado de obras e servizos municipais, asimilada ao subgrupo C1. Concurso-oposición libre. Título de bacharelato ou técnico.

(…)

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello durante o prazo dos 20 días naturais seguintes ao da publicación deste anuncio de corrección de erros no Boletín Oficial del Estado, en modelo oficial que se facilitará nas oficinas do Concello e na páxina web. Así mesmo, poderán presentarse na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/1992.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente no taboleiro de edictos, en todo caso, na páxina web www.concellopereiro.com e no BOP de Ourense cando proceda de conformidade coas bases das probas selectivas.

Publícase isto de conformidade co disposto no artigo 233.3 da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia».