Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 21 de agosto de 2013 Páx. 33755

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pino

ANUNCIO de información pública sobre a ampliación de explotación gandeira.

María Teresa Salgueiro Barreiro solicitou nesta alcaldía licenza municipal de legalización de ampliación de fosa de xurro, camiño de servizo e soleira de explotación gandeira en Angumil, Cebreiro, deste termo municipal. En cumprimento do disposto na lexislación de aplicación, sométese a información pública por espazo de vinte días hábiles a fin de que durante este prazo poidan examinar o expediente na Secretaría do concello as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e poidan formular as alegacións que coiden oportunas.

O Pino, 12 de xullo de 2013

Manuel Taboada Vigo
Alcalde