Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 21 de agosto de 2013 Páx. 33756

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Rúa

ANUNCIO de información pública sobre estudo de detalle.

A Xunta de Goberno Local en sesión que tivo lugar o día 24 de xullo de 2013 actual, acordou prestar aprobación inicial ao estudo de detalle presentado o día 11 de xullo de 2013 por Antonio Vila Ouro para fixar aliñacións na estrada OU-533, segundo o proxecto redactado polo gabinete de arquitectura X.D.F., S.L.-Arquitectos José Martínez y Daniel Rodríguez.

Exponse o expediente a información pública polo prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte a aquel en que sexa publicado o anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que quen se considere prexudicado ou afectado poida formular as alegacións que consideren procedentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Rúa, 29 de xullo de 2013

Avelino García Ferradal
Alcalde