Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 21 de agosto de 2013 Páx. 33752

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de información pública sobre a apertura de instalacións deportivas en Piñeiro.

Vladimir Sieyro Boxer na súa condición de persona física representante da Asociación Deportiva Real Aero Club de Santiago, S.A., solicita nesta alcaldía licenza municipal para a apertura de edificacións, instalacións deportivas cubertas e piscinas no lugar de San Mamede de Piñeiro.

Para cumprir co disposto no artigo 36.5 do Real decreto 2816/1982, do 27 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral de policía de espectaculos públicos e actividades recreativas, sométese a información pública por un período de 10 días hábiles que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste concello no Milladoiro e Bertamiráns.

Durante este tempo as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar, poderán examinar o expediente no departamento de Urbanismo deste concello, situado na rúa Alcalde Lorenzo, 2, 1º, Bertamiráns, das 9.00 ás 14.00 horas, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Ames, 6 de agosto de 2013

Santiago V. Amor Barreiro
Alcalde