Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 21 de agosto de 2013 Páx. 33691

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (375/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 375/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Areán Lamas contra a empresa Altema 2009, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza: 452/2013.

Procedemento: autos número 375/2011.

A Coruña, 29 de xullo de 2013

Vistos por Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 375/2011, seguidos por instancia de Carlos Areán Lamas, representado pola letrada Sra. Núñez Santos, contra a empresa Altema 2009, S.L. con intervención procesual do Fogasa, que non comparece, sobre reclamación de cantidade.

Antededentes de feito.

Primeiro. Que a parte demandante antes citada formulou demanda, que correspondeu por quenda e foi recibida neste xulgado con data 12 de abril de 2011, contra a demandada xa mencionada, na cal despois de expor os feitos e fundamentos que considerou pertinentes remataba suplicando que se dite sentenza pola cal se condene a empresa ao aboamento á parte demandante da cantidade de 1.321,64 euros polos salarios de marzo e 7 días de abril de 2010.

Segundo. Que admitida a trámite a demanda foron convocadas as partes aos actos de conciliación e xuízo que tiveron lugar coa asistencia da parte demandante, e non compareceron a demandada nin Fogasa malia ser citados en legal forma. Ratificada a demanda, foi recibido o xuízo a proba e a parte propuxo interrogatorio de parte e documental, e logo de declaración de pertinencia uníronse os documentos aos autos, co resultado que consta neles; a seguir as partes fixeron uso da palabra para conclusións en apoio das súas peticións e quedou o xuízo visto para sentenza.

Terceiro. Que na tramitación deste xuízo se observaron as prescricións legais vixentes.

Feitos probados.

Primeiro. A parte demandante prestou servizos para a empresa demandada desde o 25.11.2009 ao 7.4.2010, data en que foi despedido, despois de ser declarado improcedente o dito despedimento por sentenza do Xulgado do Social número 1 da Coruña en autos número 514/2010, e tras optar a empresa pola indemnización a relación laboral finalizou o 1.12.2010. O demandante percibía un salario medio de 1.071,60 euros mensuais con inclusión do rateo de pagas extraordinarias.

Segundo. A empresa débelle á demandante a cantidade de 1.321,64 euros polos salarios de marzo e 7 días de abril de 2010, todo iso segundo a desagregación que se recolle no feito cuarto da demanda, que se dá por reproducido.

Terceiro. Celebrouse acto de conciliación previa ante o SMAC, co resultado de intentado sen efecto.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A anterior relación fáctica despréndese da valoración conxunta da proba practicada en autos para os efectos do artigo 97.2 LPL/LRXS, e así da documental achegada pola demandante, comprensiva da sentenza de despedimento referida e acta de inspección de traballo de liquidación de cotas de seguridade social, todo iso sen prexuízo do que se expresa a continuación en torno á valoración probatoria.

Segundo. No presente procedemento exerce a parte demandante reclamación de cantidade correspondente a salarios, pendentes no momento da extinción da relación laboral, sen comparecer a empresa demandada, correctamente citada.

Tendo en conta que o principio regulador da carga da proba nos supostos de reclamación de pagamento de cantidades por salarios devindicados e non percibidos, determina que o reclamante estea obrigado a demostrar a prestación dos servizos cuxo pagamento reclama e, en consecuencia, a devindicación non satisfeita do salario correspondente a estes; e que é ao demandado, se exceptúa o pagamento ou calquera feito impeditivo ou extintivo, a quen incumbirá a carga de probar o dito pagamento ou calquera feito impeditivo ou extintivo –sentenzas do Tribunal Supremo do 13 de maio de 1986, 26 de xaneiro de 1988 e 2 de marzo de 1992–. A aplicación do onus probandi –coa consecuente imposición ao traballador da carga de acreditar o presuposto constitutivo da súa pretensión– determina a necesidade de que o empregador demandado xustifique o aboamento efectivo das retribucións reclamadas.

É polo que, correspondendo ao empresario probar o pagamento dos salarios reclamados –feitos extintivos–, logrando acreditar o traballador os feitos constitutivos da súa reclamación en diñeiro, tendo en conta a documental achegada e en aplicación dos artigos 304 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, e 91.2 LPL/LRXS, se lle debe ter ante a súa non comparecencia e citación, cos apercibimentos correspondentes, por recoñecidos os feitos que constan na demanda, tanto relación laboral, categoría profesional, antigüidade, salarios, como cantidades devindicadas durante os últimos meses da súa relación laboral, pero igualmente do mesmo modo a falta de aboamento pola parte demandada.

Consecuencia da proba articulada, no suposto de autos acreditáronse nas actuacións os presupostos constitutivos da obriga, todo o cal comporta as obrigas contidas nos artigos 4.2.f) e 29.1 e 53.4 do Estatuto dos traballadores, en relación co artigo 122.3 da Lei reguladora da xurisdición social, e correspóndelle ao demandado a proba dos feitos que impidan, extingan ou esgoten tales obrigas (artigos 217.3 e 281 da LAC); sen practicarse a dita proba, a demanda debe ser admitida, con obriga de aboamento das cantidades que se declararon probadas.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Ditamino.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Carlos Areán Lamas fronte a Altema 2009, S.L. con intervención do Fogasa, e en consecuencia, debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe á parte demandante a cantidade de 1.321,60 euros.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

Así, por esta a miña sentenza, o maxistrado Sr. Herrero Liaño, o acordo e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Altema 2009, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de xullo de 2013

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial