Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 21 de agosto de 2013 Páx. 33695

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (967/2012).

Encarnación Merces Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico: que neste xulgado se seguen autos número 967/2012 por instancia de Sara Barcia Pérez contra Construcciones y Montajes Agal, S.A., Marco Energy System, S.L.U., Administración Concursal de Construcciones y Montajes Agal, S.A. e Fogasa, sobre despedimento, nos cales se ditou auto de aclaración da sentenza en data 22.7.2013, que copiada nos particulares necesarios di así:

Auto.

Maxistrado xuíz: Nicolás Emilio Pita Lloveres.

A Coruña, 22 de xullo de 2013

Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data 2.7.2013 ditouse sentenza nos presentes autos pola cal se admitía parcialmente a demanda interposta por Sara Barcia Pérez.

Segundo. A representación da parte demandada presentou escrito de data 17.7.2013 en que solicitaba aclaración da sentenza en canto aos particulares que se especifican no dito escrito.

Fundamentos de dereito.

Único. De conformidade co que establece o artigo 267 da Lei orgánica do poder xudicial, que dispón que os xuíces e tribunais non poderán variar as sentenzas e autos definitivos que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro ou suplir calquera omisión que conteñan. Os erros materiais manifestos e os aritméticos poderán ser rectificados en calquera momento. Estas aclaracións ou rectificacións poderán facerse de oficio dentro do día hábil seguinte ao da publicación da sentenza, por instancia de parte ou do Ministerio Fiscal.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Procede a aclaración solicitada, polo que o feito probado segundo da sentenza quedará do teor literal seguinte:

Segundo. A demandante subscribe os seguintes instrumentos contractuais:

– Anexo ao contrato de traballo do 22 de novembro de 2010 polo cal a demandante se compromete a desempeñar funcións como directora comercial para a empresa Grupel, Grupos Electrógenos, S.A., con carácter indefinido, con dispoñibilidade horaria, fixándose unha retribución de 95.000 euros anuais brutos que se aboarán en catorce pagas, fixándose en caso de extinción por decisión involuntaria da empresa unha indemnización de 285.000 euros, respondendo Marco Aurelio Mimoso Santos persoal e solidariamente fronte á traballadora do aboamento da indemnización.

– Contrato de traballo indefinido, a tempo completo, para prestar os seus servizos para Construcciones y Montajes Agal, S.A., como directora comercial, fixándose como data de inicio da relación laboral o 26 de xaneiro de 2011, cunha retribución segundo convenio, remitíndose ao Convenio colectivo de industrias siderometalúrgicas, subscrito o 26 de xaneiro de 2011.

Igualmente achégase contrato de traballo indefinido sen asinar entre a demandante e Construcciones y Montajes Agal, S.A., fixándose unha retribución de 95.000 euros en catorce pagas e unha indemnización en caso de extinción por decisión involuntaria da traballadora de 285.000 euros, respondendo Marco Aurelio Mimoso Santos persoal e solidariamente fronte á traballadora da indemnización sinalada de data 26 de xaneiro de 2011.

Así o acorda e asina. Dou fe.

O maxistrado xuíz. A secretaria xudicial

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Construciones y Montajes Agal, S.A., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 29 de xullo de 2013

A secretaria xudicial