Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 21 de agosto de 2013 Páx. 33689

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (730/2012).

Neste órgano xudicial tramítase xuízo verbal 730/2012, seguido por instancia de Alfonso García Reboredo contra María Mercedes Vila Mayo, sobre reclamación de cantidade, no cal, por resolución do 11 de marzo de 2013, se acordou publicar o seguinte:

Sentenza 42/2013.

Na cidade de Santiago de Compostela o once de marzo de dous mil trece.

Vistos por Margarita Isabel Poveda Bernal, maxistrada-xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo verbal nº 730/2012 seguidos ante este xulgado entre partes, dunha, como demandante, Alfonso García Reboeredo, con procuradora Sra. Vieites León e letrado Sr. Ramos Guzmán, e doutra, como demandada, María Mercedes Vila Mayo, en rebeldía, sobre reclamación de cantidade, dítase esta sentenza sobre con base nos seguintes:

Decido que, estimando como estimo a demanda interposta por Alfonso García Reboeredo, con procuradora Sra. Vieites León, fronte a María Mercedes Vila Mayo, en rebeldía, debo condenar e condeno a demandada a pagar ao demandante a cantidade de cinco mil trinta e sete con oitenta e catro euros (5.037,84 €), máis o xuro legal da devandita suma desde a data de interposición da demanda, con expresa imposición á parte demandada das custas procesuais causadas.

Únase a presente ao libro rexistro de sentenzas e autos definitivos civís deste xulgado, e expídase testemuño que se unirá aos autos a que se contrae.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña.

O recurso presentarase por medio de escrito neste xulgado no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte da notificación.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2011

Emilio Alcalá-Zamora Canel
Secretario xudicial