Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 21 de agosto de 2013 Páx. 33687

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5537/2010).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 5537/2010.

Xulgado de orixe/autos: demanda 48/2010 Xulgado do Social número 3 de Vigo.

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social.

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Construcciones Sanco, S.L., Juan Cespon Paz.

Avogados: (…), María José Martínez-Fariza Conde, (…).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5537/2010 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a empresa Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Construcciones Sanco, S.L., Juan Cespon Paz, sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

«A Coruña, 17 de xullo de 2013. O anterior escrito presentado pola letrada María José Martínez-Fariza Conde, en representación da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédeselle á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso ante esta sala, facéndolle saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o tivese designado.

Requírase a recorrente para que achegue no momento de interposición do recurso certificación da/s sentenza/s que invoca con expresión da súa firmeza.

Tense por efectuado o depósito de 600 €.

Notifíqueselle ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso, sen prexuízo de que a parte contra a que se recorre se poida opor á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma a Construcciones Sanco, S.L., con último domicilio coñecido en María Berdiales, 29-2º oficina, 8, Vigo coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 17 de xullo de 2013

A secretaria xudicial