Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 21 de agosto de 2013 Páx. 33747

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 6 de agosto de 2013, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores OU-S-14/2013 e OU-S-18/2013, por infraccións en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a incoación dos expedientes sancionadores OU-S-14/2013 e OU-S-18/2013, xa que intentada polos medios habituais non se puido practicar.

Advírteselles aos titulares dos establecementos denunciados que, de conformidade co artigo 13.2 do Real decreto 1398/1993, para o caso de non efectuar alegacións no prazo de quince días, e tendo en conta que o dito acordo contén un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade que se lle imputa, poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: OU-S-14/2013.

Titular sancionado: Daniel Andrade Fonseca.

Establecemento: Yet Set.

Domicilio: praza Alameda, 23.

Localidade: Verín.

Incoación: 5 de xuño de 2013.

Precepto infrinxido: artigos 109.2.a) e 109.2.e) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción: cen (100) euros, para cada unha das infraccións anteriormente indicadas, sen prexuízo do que poida resultar na fase instrutora.

Expediente: OU-S-18/2013.

Titular sancionado: Luis Dacasa Martínez.

Establecemento: Luis Dacasa Martínez.

Domicilio: Conde Vallellano, 20.

Localidade: O Carballiño.

Incoación: 26 de xuño de 2013.

Precepto infrinxido: artigo 110.1. da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción: mil douscentos (1.200) euros, sen prexuízo do que poida resultar na fase instrutora.

Ourense, 6 de agosto de 2013

Manuela Penín López
Xefa da Área Provincial de Turismo de Ourense