Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 21 de agosto de 2013 Páx. 33745

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos de dirección de obras, dirección da execución material e coordinación da seguridade e saúde da obra de rehabilitación do castelo de Monterrei (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 19 de xullo de 2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contrato de servizos de dirección das obras, dirección da execución material e coordinación da seguridade e saúde da obra de rehabilitación do castelo de Monterrei (Ourense).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

4. Orzamento base de licitación: 60.000,00 euros, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 17 de xullo de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 24 de xullo de 2013.

c) Adxudicatario: Ezcurra y Ouzande Arquitectura, S.L.P.

d) Importe de adxudicación: 59.000,00 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2013

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia de Turismo de Galicia