Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 21 de agosto de 2013 Páx. 33744

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de xullo de 2013 pola que se notifica a incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/133/2012, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A inspectora urbanística acordou, o 8 de xullo de 2013, dar traslado a Juan Vilar Alberti do acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/133/2012, en relación coas obras realizadas en solo rústico sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes na construción dunha edificación, no lugar de Pociños, no termo municipal de Ribadeo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do traslado do acordo, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o dito traslado do acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do traslado do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edifício Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

O interesado dispón dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba en que se concreten os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística