Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 21 de agosto de 2013 Páx. 33730

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 24 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2007/0330-4.

Ao non seren atopados no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, o fin da suspensión cautelar e a continuación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo a copia da sentenza do Xulgado do Penal número 2 de Vigo, ditada no procedemento número 29/2013 polo accidente laboral do traballador David Gómez David.

Os documentos que constan no expediente son:

– Acta de infracción.

– Xustificante da notificación (11.5.2007).

– Escrito de alegacións (28.5.2007).

– Copia da sentenza xudicial.

Concédeselle un prazo de dez días hábiles para formular as alegacións que considere pertinentes. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Expediente: RL 2007/0330-4.

Acta número 500/2007.

Empresa: Grupo Vigo Norte, S.L.

NIF/DNI: B-36 850 618.

Enderezo: Colón, 28, 8º A, Vigo.

Vigo, 24 de xullo de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo