Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 21 de agosto de 2013 Páx. 33731

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de avaliación ex ante e da avaliación estratéxica ambiental do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, cofinanciado con fondos Feader (expediente 34/2013).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de avaliación ex ante e da avaliación estratéxica ambiental do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, cofinanciado con fondos Feader nun 75 % eixo 5, medida 511 (expediente 34/2013).

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19085

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 115, do 18 de xuño de 2013.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente e aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 60.000 €; IVE (21 %): 12.600 €; Importe total: 72.600 €.

Valor estimado: 60.000 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de adxudicación: 30 de xullo de 2013.

b) Adxudicataria: Red2red Consultores, S.L.

c) Importe: 41.400,00 € (sen IVE).

IVE 21 %: 8.694,00 €.

Importe total: 50.094,00 €.

d) Data de formalización do contrato: 31 de xullo de 2013.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a mellor puntuación de oferta técnica e mellor oferta económica.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar