Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 21 de agosto de 2013 Páx. 33733

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo integrado dun helicóptero e dos técnicos coordinadores de medios aéreos con destino á prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra incendios forestais durante os anos 2013, 2014 e 2015, proposta 3/13-I (expediente 17/2013).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo, de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo integrado dun (1) helicóptero e os técnicos coordinadores de medios aéreos con destino á prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra incendios forestais durante os anos 2013, 2014 e 2015.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18926

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 1 de xuño de 2013; BOE nº 138, do 10 de xuño 2013 e DOG nº 118, do 21 de xuño de 2013.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación:

Valor estimado: 2.872.400,00 euros (exento de IVE) (incluídas posibles prorrogas e ampliacións).

5. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución da adxudicación: 30 de xullo de 2013.

b) Adxudicataria: UTE Inaer Galicia, S.L., Inaer Helicópteros, S.A., Consultoría Natutecnia, S.L.

c) Importe: 1.081.920,00 euros (exento de IVE).

d) Data de formalización do contrato: 31.7.2013.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: é a única oferta presentada e cumpre os requisitos sinalados nos pregos.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar