O 28 de xuño de 2013, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou a resolución do expediente sancionador 2013066TA-LU incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo a Carlos Arturo Celeiro Arias.
Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Carlos Arturo Celeiro Arias o contido da dita resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, núm. 9, Lugo e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
En caso de conformidade co contido desta resolución o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de NCG Banco, S.A. (Novacaixagalicia); en BBVA transacción 1316 NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Lugo, 16 de xullo de 2013
Purificación Rivas Varela
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Nº expediente: 2013066TA-LU.
Denunciado: Carlos Arturo Celeiro Arias.
NIF: 33857048J.
Último enderezo coñecido: rúa Montero Ríos, núm. 37, 4º G, 27002 Lugo (Lugo).
Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Artigos infrinxidos: artigos 7.u) e 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, modificada pola Lei 42/2010, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, subministracións, consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.
Tipificación: leve.
Sanción imposta: trinta euros (30,00 €).