Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 21 de agosto de 2013 Páx. 33726

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 13 de agosto de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se lle notifican a Javier José Iglesias Martín dúas resolucións en materia de xubilación.

O 30.7.2013 o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (por delegación o director xeral de Centros e Recursos Humanos, de conformidade coa Orde desta consellería do 25 de xaneiro de 2013) ditou resolución pola que se revoga, con efectos desde o 31.8.2013, a prórroga por un ano para prolongar a permanencia no servizo activo que lle foi concedida a Javier José Iglesias Martín (DNI 33178336P) por Resolución do 11 de xaneiro de 2013.

Tamén con data do 30.7.2013 o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (por delegación o director xeral de Centros e Recursos Humanos, de conformidade coa Orde desta consellería do 25 de xaneiro de 2013) ditou resolución pola que declara a xubilación forzosa por idade de Javier José Iglesias Martín (DNI 33178336P) con efectos desde o 31.8.2013.

Logo de intentar, por oficio do 31.7.2013, a notificación das anteditas resolucións no domicilio da persoa interesada, en aplicación do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, procede a súa notificación por medio de anuncio no taboleiro de edictos do concello do seu último domicilio coñecido e no Diario Oficial de Galicia.

As anteditas resolucións poñen fin á vía administrativa. Contra elas cabe interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, prazo que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio.

A persoa interesada poderá acceder e obter unha copia das resolucións dirixíndose ao Servizo de Profesorado de Educación Secundaria, Formación Profesional e Educación Especial da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, cuxas dependencias se encontran no Edificio Administrativo de San Caetano, na cidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2013

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos