Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 20 de agosto de 2013 Páx. 33564

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (254/2012).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 254/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Encarnación Martínez González contra as empresas Frigoríficos Riveira Mar, S.L., Congelados y Elaborados Bahía de Cádiz, S.L., Promociones Písara, S.L., Andrea Quinta y Asociados, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Marcolfer, S.L. e Grañamar, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxo ditame expresa:

«Que considerando parcialmente a demanda interposta por Encarnación Martínez González contra Frigoríficos Riveira Mar, S.L., Congelados y Elaborados Bahía de Cádiz, S.L., Promociones Písara, S.L., Andrea Quinta y Asociados, S.L., Marcolfer, S.A., Graña Mar, S.L. e Fogasa, declaro a improcedencia do despedimento da demandante efectuado pola codemandada Frigoríficos Riveira Mar, S.L., con efectos do 8 de febreiro de 2012, e declaro extinguida a data da presente resolución a relación laboral que vinculaba a demandante Encarnación Martínez González con Frigoríficos Riveira Mar, S.L., e debo condenar e condeno as mercantís Frigoríficos Riveira Mar, S.L., Marcolfer, S.A. e Graña Mar, S.L. a que, solidariamente, lle aboen á demandante a suma de vinte e oito mil cincocentos vinte e seis euros con corenta céntimos (28.526,40 €) en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual, e a suma de catro mil cincocentos sesenta e seis euros con oitenta e oito céntimos (4.566,88 €) máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET, en concepto de salarios e vacacións non gozadas; coa responsabilidade subsidiaria do Fogasa nos termos e límites do artigo 33 do ET; e debo absolver e absolvo as codemandadas Congelados y Elaborados Bahía de Cádiz, S.L., Promociones Písara, S.L., Andrea Quinta y Asociados, S.L. de todas as peticións deducidas na súa contra.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma ás entidades Congelados y Elaborados Bahía de Cádiz, S.L., Promociones Písara, S.L., Andrea Quinta y Asociados, S.L., Marcolfer, S.L. e Grañamar, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, insiro o presente no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2013

A secretaria xudicial