Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 20 de agosto de 2013 Páx. 33596

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica LMT e CT provisional para obra do túnel do AVE en Prado, no concello de Vilar de Barrio (expedienteIN407A 2012/40-3).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Vias y Construcciones, S.A.

Domicilio social: rúa Orense nº 11, 28020 Madrid.

Denominación: LMT e CT provisional para obra do túnel do AVE en Prado.

Situación: Prado-Vilar de Barrio.

Características técnicas: LMT aerosubterránea a 20 kV de 977 m en aéreo con condutor LA 56, e 50 m en subterráneo con condutor RHZ1, con orixe no apoio 1787210 da liña VER 811 Laza e remate no CT proxectado prefabricado en caseta de 1.000 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 83.484,25 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e/ou autorizacións que sexan precisas dacordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 16 de xullo de 2013

P.S.L. ( Decreto 324/2009, do 11 de xuño)
A. Tomás Paz Doníz
Xefe do Servizo de Administración Industrial