Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 20 de agosto de 2013 Páx. 33594

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2013/97).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: avenida de Arteixo, nº 19, 1º D, 15004 A Coruña.

Denominación: reforma de CT e RBT de Lorteiro.

Situación: A Laracha.

Características técnicas:

– Reforma do centro de transformación existente de tipo caseta de obra civil, desmontando toda a aparellaxe de media e baixa tensión existente no interior da caseta e instalando no lugar un novo CT de 100 kVA e un cadro de BT de catro saídas con interruptor, e adecuación da caseta actual.

– Novo condutor de tipo RHZ1-2 OL- 12/20 kV 3(1×95 Al). Realizarase o cambio de cable nu a alado no exterior da caseta para despois entrar a través de pasamuros.

– As tres saídas de baixa tensión existentes en condutores de tipo RZ-3×95/54,6 conectaranse ao novo cadro de tipo AC4-1.600 proxectado, e instalararanse fusibles de 160 A en cada unha das saídas ocupadas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 11 de xullo de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña