Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 20 de agosto de 2013 Páx. 33598

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2013/22-2, 8106 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: rúa Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: LMTS, CTC e RBTS para subministración eléctrica na avenida Duquesa de Lugo, 1.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

• Desprazamento dun tramo da LMTS Eroski con orixe na ST O Ceao e final no CTC proxectado, cunha lonxitude de 70 metros en condutor tipo RHZ-240.

• LMTS a 20 kV en canalización existente e proxectada, con orixe no CTC proxectado e final nun empalme que se realizará na LMTS Eroski nunha arqueta especial existente, cunha lonxitude de 332 metros de condutor tipo RHZ-240.

• CT en edificio prefabricado tipo M1/10, cunha potencia proxectada de 2000 kVA e unha potencia inicial de 630 kVA máis 400 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e dúas de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• RBTS formada por catro circuítos de 12 metros cada un, con orixe no CT proxectado e final nos módulos de medida.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 23 de xullo de 2013

Por ausencia (Artigo 39 do Real decreto 324/2009, do 11 de xuño;
DOG nº 117, do 17 de xuño)
Mª A. Belén Miragaya Sánchez
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas