Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 20 de agosto de 2013 Páx. 33574

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 24 de xullo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, de alleamento polo procedemento de poxa pública duns bens inmobles situados nos concellos de Santiago de Compostela e Padrón.

Ás 10.00 horas do día 17 de setembro de 2013 terá lugar no salón de actos número 1 da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (edificio administrativo de San Caetano, bloque número 2, Santiago de Compostela), perante a mesa presidida polo subdirector xeral do Patrimonio, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, un representante da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e un funcionario da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, que actuará como secretario, a primeira, segunda, terceira e cuarta poxa dos lotes de bens inmobles patrimoniais da Comunidade Autónoma de Galicia que a seguir se describen, cuxo alleamento foi acordado polas ordes da Consellería de Facenda do 10 de agosto, do 10 de setembro e do 5 de outubro de 2012.

Primeira, segunda e terceira poxa:

1. Parcela nº 360, Besada, situada en San Xoán de Fecha (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 325 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, Andrés Gil Seoane; leste, Consuelo Pérez Seoane e oeste, con Manuel Seoane Casal.

Referencia catastral: 15079E503003600000DZ.

Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22.940, tomo 1.202, libro 244 e folio 189.

Tipo de licitación primeira poxa: 994,18 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 845,05 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 695,93 euros.

2. Parcela nº 59, Agro de Pazos, situada en Santa María de Villestro (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 1.584 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con camiño existente; sur, zona excluída; leste, zona excluída, e oeste, con José Ramón Iglesias Miguéns.

Referencia catastral: 15079C502000590000WS.

Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 23.014, tomo 1.203, libro 245 e folio 1.

Tipo de licitación primeira poxa: 6.973,63 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 5.927,59 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 4.881,54 euros.

3. Parcela nº 157, Pedra Miralles, situada en San Xoán de Fecha (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 25.180 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con Igrexa católica; sur, zona excluída; leste, Francisca Castro Castro e outros, e oeste, con camiño público.

Referencia catastral: 15079C503201570000WF.

Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22.928, tomo 1.202, libro 244 e folio 183.

Tipo de licitación primeira poxa: 18.476,01 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 15.704,61 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 12.933,21 euros.

4. Parcela nº 187, Lagos, situada en San Xoán de Fecha (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 13.934 m2, que segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con zona excluída e camiño público; sur, María Josefa Iglesias Pérez; leste, zona excluída e oeste, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria.

Referencia catastral: 15079C503001870000WK.

Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22.930, tomo 1.202, libro 244 e folio 184.

Tipo de licitación primeira poxa: 10.224,17 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 8.690,54 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 7.156,92 euros.

5. Parcela nº 199, Rodeiro, situada en San Xoán de Fecha (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 29.360 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con Felisa Liñares Guillén e outros; sur, Igrexa católica; leste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria e oeste, con camiño.

Referencia catastral: 15079C503001990000WU.

Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22.932, tomo 1.202, libro 244 e folio 185.

Tipo de licitación primeira poxa: 21.543,12 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 18.311,65 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 15.080,18 euros.

6. Parcela nº 254, Chan dos Montes, situada en San Xoán de Fecha (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 19.610 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, Luís García Miramontes e outros; leste, zona excluída e oeste, con Josefa Bastón García e outro.

Referencia catastral: 15079D503002540000LD.

Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22.936, tomo 1.202, libro 244 e folio 187.

Tipo de licitación primeira poxa: 14.388,98 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 12.230,63 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 10.072,29 euros.

Cuarta poxa:

1. Predio urbano. Número 11, piso 3º B, no terceiro andar dunha casa sen número (na actualidade nº 26), situada na rúa da Rosa da cidade de Santiago de Compostela. Ocupa a extensión de 79 m2, está distribuído en hall, comedor-estar, 3 dormitorios, cociña, baño e aseo e linda: polo norte ou dereita entrando na casa, co piso 3º A –nº 10– e nunha pequena parte coa caixa da escaleira; polo sur ou esquerda, co piso 3º C –nº 12–; polo leste ou fronte da casa, nunha pequena parte co piso 3º A –nº 10–, e no resto coa rúa da Rosa; e polo oeste ou fondo, nunha pequena parte, co piso 3º C –nº 12–, noutra parte cun patio de luces, e no resto coa caixa das escaleiras. Élle anexo o rocho sinalado co nº 4, existente no faiado. Atribúeselle unha cota de participación en relación co valor total do inmoble do 2,48 por cento.

Referencia catastral: 7169309NH3476G0014TP.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Santiago de Compostela como predio nº 45.269 tomo 1.565, libro 500 e folio 123.

Tipo de licitación: 120.000 euros.

2. Parcela nº 453-2, Ramalleira, situada en San Xoán de Fecha (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 11.411 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con Manuela Nieto González e outros, canle de rega que a separa de José Seoane Casal; sur, Antonio Noya Cobey e saída a camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; leste, Manuela Nieto González e outros e oeste, Bernardo Gómez Nieto e Manuela Nieto González e outros.

Referencia catastral: 15079E503010160000DY.

Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22.942, tomo 1.202, libro 244 e folio 190.

Tipo de licitación: 5.934 euros.

3. Parcela nº 903, Sangriñeira, situada en San Miguel dos Agros (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 1.277 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, José Liste Mansilla; leste, Carmen Otero García e oeste, Laureano Fernández Barreiro.

Referencia catastral: 15079A505009030000FM.

Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22.948, tomo 1.202, libro 244 e folio 193.

Tipo de licitación: 1.000 euros.

4. Parcela nº 565, Mira de Arriba, situada en San Fiz de Fóra (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 2.412 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con Manuel Cobas de la Iglesia; sur, con Manuela Varela Pérez e outros, Francisco Noya Guerra e outros, José Cobas Durán, Carmen Rozas Fernández, Eduardo Caneda García, Rufina Antelo Fandiño, José Carballido Juncal e Manuela Antelo Fandiño; leste con camiño construído polo Servizo de Concentración parcelaria e Magdalena Fandiño Otero, e oeste con Manuela Varela Pérez e outros, Francisco Noya Guerra e outros, José Cobas Durán, Carmen Rozas Fernández, Eduardo Caneda García, Rufina Antelo Fandiño e José Carballido Juncal.

Referencia catastral: 15079A507005650000FL.

Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 de Santiago de Compostela como predio nº 25.575, tomo 1.237, libro 244 e folio 116.

Tipo de licitación: 11.583,63 euros.

5. Parcela nº 230, Segade, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 2.706 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Manuel Rego Abaña e outros; sur, zona excluída; leste, Ramón Gens Rey e oeste, camiño.

Referencia catastral: 15066E503002300000LS.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.634, tomo 487, libro 110 e folio 78.

Tipo de licitación: 1.807,12 euros.

6. Parcela nº 322, Agroxoi, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 495 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con María Lapido Díaz e outros; sur, José González Cereijo, canle de rega no medio; leste, camiño, canle de rega no medio e oeste, regato que o separa de Manuela Prado Sampedro.

Referencia catastral: 15066B503003220000FJ.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.638, tomo 487, libro 110 e folio 82.

Tipo de licitación: 300 euros.

7. Parcela nº 485, Sobrán, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 780 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, estrada da Coruña-Vigo e ferrocarril de Santiago-Vigo; sur, Manuela García Rodríguez; leste, estrada da Coruña-Vigo e oeste, ferrocarril de Santiago-Vigo.

Referencia catastral: 15066B503004850000FS.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.642, tomo 487, libro 110 e folio 86.

Tipo de licitación: 450 euros.

8. Parcela nº 534, Molladiño, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.402 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Obdulia Sánchez Abullo; sur, José González Rodríguez; leste, camiño existente e oeste, José Estévez Seage.

Referencia catastral: 15066B503005340000FF.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.644, tomo 487, libro 110 e folio 88.

Tipo de licitación: 900 euros.

9. Parcela nº 579, Devesiños de Abaixo, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.210 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, María Aboy Prada; sur, José María Pose Blanco; leste, Ramón Cajaraville Pose, canle de rega no medio e oeste, camiño.

Referencia catastral: 15066B503005790000FS.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.650, tomo 487, libro 110 e folio 94.

Tipo de licitación: 1.000 euros.

10. Parcela nº 584, Quinteiro, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 7.091 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, camiño; sur, Ramón Pose Blanco; leste, canle de rega que a separa de María Reboredo García, descoñecidos e outras leiras, e oeste, camiño.

Referencia catastral: 15066B503005840000FU.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.652, tomo 487, libro 110 e folio 96.

Tipo de licitación: 3.800 euros.

11. Parcela nº 590, Chalín, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 3.215 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con zona excluída; sur, camiño existente, canle de rega no medio; leste, José Aboy Blanco, e oeste, con zona excluída.

Referencia catastral: 15066B503005900000FA.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.654, tomo 487, libro 110 e folio 98.

Tipo de licitación: 3.500 euros.

12. Parcela nº 598, Magaláns, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 2.199 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, José Tojo Blanco e outro, Manuela Cajaraville Pose e Digna Iglesias Souto; sur, Josefina Villaverde Sánchez; leste, camiño e oeste, zona excluída.

Referencia catastral: 15066B503005980000FF.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.656, tomo 487, libro 110 e folio 100.

Tipo de licitación: 1.500 euros.

13. Parcela nº 603, Magaláns, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 7.055 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Aurora Lavandeira Vázquez, zona excluída e María del Carmen Iglesias Ferrín e outros; sur, zona excluída; leste, Digna Iglesias Souto, María del Carmen Iglesias Ferrín e outros e saída a camiño e oeste, zona excluída.

Referencia catastral: 15066B503006030000FR.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.658, tomo 487, libro 110 e folio 102.

Tipo de licitación: 4.000 euros.

14. Parcela nº 633, Agro de Barreiros, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 4.214 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Manuel Ferrín Iglesias, canle de rega no medio e Manuela Aboy Prada; sur, camiño; leste, María Pose Blanco e José Laboráns Martínez e oeste, Antonio Iglesias Díaz.

Referencia catastral: 15066B503006330000FO.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.660, tomo 487, libro 110 e folio 104.

Tipo de licitación: 2.200 euros.

15. Parcela nº 681, Fochacos, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 2.657 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, camiño e canle de rega no medio; sur, José Gómez Espasandín, canle de rega que a separa de Josefa Beis García, e predio nº 690; leste, María Ferreira Capeáns, e oeste, Soledad Zumalave Zumalave, Victoria Oseiro Leis e Antonio Iglesias Souto.

Referencia catastral: 9287617NH2398N0001GL.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.662, tomo 487, libro 110 e folio 106.

Tipo de licitación: 2.700 euros.

16. Parcela nº 817, Pelamio, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 2.023 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, estrada Vigo á Coruña; sur, Maximino Zumalave Díaz; leste, Anacleto Angueira Rodríguez e outros e oeste, con río.

Referencia catastral: 15066B503008170000FL.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.668, tomo 487, libro 110 e folio 112.

Tipo de licitación: 1.052 euros.

17. Parcela nº 1.116, Bouza, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 4.114 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Manuel Landeira Iglesias, Isolina González Díaz e José Arca Rois; sur, con camiño; leste, camiño e Ramón Manuel Mirón Ribas e oeste, Manuel Castro García e camiño.

Referencia catastral: 15066F503011160000DP.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.686, tomo 487, libro 110 e folio 130.

Tipo de licitación: 2.500 euros.

18. Parcela nº 682, Fochancos, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.626 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, Victoriano Caeiro Lens; leste, Comunidade Autónoma de Galicia, e oeste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria.

Referencia catastral: 9287616NH2398N0001YL.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.507, tomo 765, libro 170 e folio 6.

Tipo de licitación: 1.700 euros.

Os lotes poxaranse independentes e os interesados poden concorrer a calquera deles. Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación do inmoble perante a mesa, ou acreditar que se depositou tal cantidade na Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia á disposición da Secretaria Xeral Técnica e do Patrimonio.

Serán por conta dos adxudicatarios os custos dos anuncios (rateados segundo os tipos dos lotes), así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública de venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

O prego de condicións que rexe este alleamento está á disposición dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio, rúa da Pastoriza, nº 8-2º andar (Santiago de Compostela), así como na páxina web da Consellería de Facenda (http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/procedementos-de-licitacion-contratacion-patrimonial).

Poderase visitar o piso situado na rúa da Rosa, nº 26-3º B, de Santiago de Compostela, para o que se deberá concertar cita previa.

Teléfonos de información: 881 99 90 55/981 54 41 51.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2013

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda