Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 20 de agosto de 2013 Páx. 33573

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, pola que se fai pública a cancelación da inscrición como corredor de seguros e a exclusión do Rexistro administrativo especial de mediadores de seguros, corredores de reaseguros e dos seus altos cargos na Comunidade Autónoma de Galicia a Juan José Rey Maceira.

De conformidade co disposto no artigo 53.1.f) da Lei 26/2006, do 17 de xullo, de mediación de seguros e reaseguros privados e no artigo 12 da Orde do 17 de marzo de 2009 pola que se regula o Rexistro administrativo especial de mediadores de seguros, corredores de reaseguros e dos seus altos cargos na Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral resolveu, con data 13 de xuño de 2013, cancelar a inscrición como corredor de seguros, e por conseguinte, excluír do Rexistro administrativo especial de mediadores de seguros, corredores de reaseguros e dos seus altos cargos na Comunidade Autónoma de Galicia, o corredor Juan José Rey Maceira.

A cancelación da inscrición acordouna esta dirección xeral por solicitude do interesado e faise pública de conformidade co establecido no artigo 53 da mencionada Lei 26/2006 e no artigo 12 da Orde do 17 de marzo de 2009.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2013

Manuel Galdo Pérez
Director xeral de Política Financeira e Tesouro

ANEXO

Clave do rexistro: GF-050.

NIF: 76490040-K.

Nome e apelidos: Juan José Rey Maceira.

Localidade: Santiago de Compostela.

Data da resolución: 13.6.2013.