Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 20 de agosto de 2013 Páx. 33584

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se dá publicidade á encomenda de xestión para predición do clima, seguimento do estado ecolóxico das augas, o cambio climático e o control da calidade do aire cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (temas prioritarios 3.47, 3.48 e 3.53).

Dando cumprimento ao disposto no artigo 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (DOG nº 251, do 31 de decembro), dáselle publicidade aos seguintes aspectos relativos á encomenda de xestión para predicción do clima, seguimento do estado ecolóxico das augas, o cambio climático e o control da calidade do aire cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento rexional nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

– Actividade. Investimento inmaterial nun servizo técnico cualificado aplicable ás seguintes materias:

• Predición e difusión metereolóxica. Inclúese apoio técnico nas áreas de predición operativa e numérica, investigación, climatoloxía, observación e difusión de información.

• Observación ambiental. O servizo técnico contribúe a unha máis correcta execución e coordinación da rede de mostraxe, así como a un máis idóneo seguimento, tratamento e publicación da información ambiental.

• Control da calidade do aire. O servizo prestado pola entidade TRAGSATEC supón unha implementación de formación especializada no campo das medicións dos valores límite e de verificación da información facilitada pola rede industrial.

– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter TRAGSATEC a consideración de medio instrumental da Administración segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia. O período de execución comezou o 3 de xuño de 2013 e rematará o 31 de decembro de 2013.

– Modalidade de financiamento. Esta encomenda finánciase nun 80 % co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e encádrase nos temas prioritarios 3.47 (calidade do aire), 3.48 (prevención e control integrados da contaminación) e 3.53 (prevención de riscos).

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2013

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas